Asociación Cultural Dánae-Alacant
Presentación proyectos Solidaridad IntégraT Imágenes Noticias

Plataforma de Integración Cultural IntégraT

Reportaje especial:
El tema de la inmigración en los programas de los partidos políticos españoles
para las elecciones generales de 2004
.

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

     II.1.7. Inmigración:

     As sucesivas reformas da lexislación sobre inmigración supuxeron un constante recorte nos dereitos dos estranxeiros residentes no Estado español, que desde o BNG non compartimos por considerarmos que o fenómeno migratorio non debe abordarse desde unha perspectiva estritamente policial, senón apostando por un marco de integración social e a asunción positiva da pluralidade, e pola dignificación do estatuto xurídico dos estranxeiros residentes no Estado español a fin de evitarmos a explotación laboral dos inmigrantes e erradicar xermolos de xenofobia:

  • Aprobación dun novo marco xurídico guiado pola necesidade de afortalar a seguranza xurídica en materia de inmigración, que reduza a marxe de discrecionalidade da Administración e a indefensión que iso provoca nos estranxeiros residentes, ademais de facilitar a regularización dos imigrantes residentes no Estado español e evitar o incremento de persoas en situación irregular que serve de caldo de cultivo para a explotación e marxinalidade.
  • Recoñecemento dos dereitos e liberdades fundamentais a todas as persoas residentes (entre outros: reunión, asociación, sindicación, folga), así como os dereitos económicos e sociais plasmados na Constitución (educación, asistencia sanitaria, protección social, acceso á vivenda, etc).
  • Garantir o dereito de asilo, acometendo as reformas legais necesarias para que as solicitudes presentadas sexan atendidas e resolvidas conforme ao dereito internacional, por medio de procedementos específicos diferenciados.
  • Garantir o dereito á integración lingüística e cultural das persoas inmigrantes, desenvolvendo os programas precisos de asesoramento e formación na lingua e cultura de Galiza.
  • Eliminar as restricións ao dereito á tutela xudicial efectiva dos inmigrantes, con independencia da súa situación administrativa, ampliando os mecanismos de asistencia xurídica gratuíta e o dereito á defensa en todos os procedementos.
  • Favorecer as condicións para o reagrupamento familiar, contemplándoo como un dereito do familiar e incorporando criterios humanitarios para autorizar a residencia de familiares.
  • Aplicar de boa fe o vixente Tratado de Paz e Amizade asinado en 1870 polo Estado español coa República Oriental do Uruguai.
  • Cumprir os Tratados Internacionais ratificados polo Estado español para a protección dos menores estranxeiros, sexa cal for a súa situación administrativa.
  • Asinar e ratificar a Convención Internacional para a protección dos dereitos de todas as persoas traballadoras migratorias e dos seus familiares, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 18 de decembro de 1990.
  • Intensificar a cooperación activa cos países en situación de crise económica e social, a través da ampliación das partidas destinadas ao Fondos para a Axuda ao Desenvolvemento, e o estabelecemento de relacións económicas e comerciais xustas que permitan o progreso económico e a creación de condicións favorábeis para que a súa poboación poida emprender unha vida digna na súa propia terra

 

Asociación Cultural Dánae-Alacant > IntégraT > Inmigración - elecciones generales 2004 > BNG

 
Contacto
Marco legal
Mapa del sitio

 

Presentación Proyectos Solidaridad Imágenes Noticias Contacto
    onMouseOut= Marco legal Mapa del sitio Asociación Cultural Dánae-Alacant